A Baña Composta Logo

O futuro é
sustentable

Dende o Concello da Baña, queremos proporcionar con este espazo informativo, todas as claves necesarias para facer compost dunha forma fácil e eficaz. Non o dubides, da o paso cara a compostaxe, un beneficio para o noso Concello.

Fai clic no vídeo para escoitar o audio

Escolle o teu programa

Ofrecemos dúas modalidades de compostaxe adaptadas ás túas necesidades e espazo dispoñible.

Compostaxe Individual

Recibe un composteiro doméstico gratuíto para instalar no teu xardín ou horta. Ideal para casas con espazo exterior.

Saber máis

Compostaxe Comunitaria

Únete aos puntos de compostaxe comunitaria en San Vicenzo. Perfecto para quen non ten espazo en casa.

Unirse agora

Como funciona

Seguindo estes sinxelos pasos conseguirás compost de alta calidade.

1

Separa os residuos

Recolle restos de comida, peles de froita e verduras na túa cociña.

2

Deposita no composteiro

Coloca a materia orgánica no composteiro e mestúraa con material seco.

3

Mantén e volve

Remexe ocasionalmente e controla a humidade para un resultado óptimo.

4

Recolle o compost

En poucos meses terás abono natural para as túas plantas e horta.

Que podes compostar

Coñece os materiais que podes usar no teu composteiro.

Materiais ricos en nitróxeno (fracción verde):

🥬 Restos de verduras e froitas☕ Posos de café e infusións🌿 Herba verde e follas frescas🍞 Pan, legumes e cereais🥚 Cascas de ovo e cunchas

Materiais secos ricos en carbono (fracción marrón):

🍂 Follas secas e palla🌾 Restos de poda triturados📄 Papel e cartón (sen tinturas)🌰 Cascas de froitos secos🪵 Serraduras (sen tratar)

Materiais que se poden botar en cantidades pequenas:

🥩 Carne e peixe🧀 Lácteos🥑 Aceites, graxas e salsas🌲 Follas de piñeiro, tuia e eucalipto🔥 Cinzas (pouca cantidade)

Materiais que NON deben ir no composteiro:

🥤 Plásticos, vidro e metais🍼 Cueiros📰 Revistas e papel impreso a cor👕 Tecidos sintéticos💩 Excrementos (persoas, cans, gatos)🎨 Madeiras tratadas (vernices, pinturas)

Recursos Didácticos

Manuais e guías para profundar na arte da compostaxe.

Manual Compostaxe Doméstica

Guía para a compostaxe doméstica do Concello da Baña.

Descargar

Manual Compostaxe Comunitaria

Guía para a compostaxe comunitaria do Concello da Baña.

Descargar

Manual de SOGAMA

Manual xeral de compostaxe de SOGAMA.

Descargar

Manual Ministerio de Medio Ambiente

Manual de compostaxe do Ministerio.

Descargar

Solicitude Compostaxe Individual

Solicitude para a compostaxe individual do Concello da Baña.

Descargar